proceso integral da actividade comercial

_ Equivalencia en créditos ECTS: 11.

_ Código: MP0650.

_ Duración: 133 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Determina os elementos patrimoniais da empresa analizando a actividade empre sarial.

- CA1.1. Identificáronse as fases do ciclo económico da actividade empresarial.

- CA1.2. Diferenciouse entre investimento e financiamento, entre investimento e gas to, entre gasto e pagamento, e entre ingreso e cobramento.

- CA1.3. Distinguíronse os sectores económicos baseándose na tipoloxía de activida des que se desenvolven neles.

- CA1.4. Definíronse os conceptos de patrimonio, elemento patrimonial e masa patri monial.

- CA1.5. Identificáronse as masas patrimoniais que integran o activo, o pasivo esixible e o patrimonio neto.

- CA1.6. Relacionouse o patrimonio económico da empresa co patrimonio financeiro, e ambos coas fases do ciclo económico da actividade empresarial.

- CA1.7. Clasificouse un conxunto de elementos patrimoniais en masas patrimoniais.

_ RA2. Integra a normativa contable e o método da partida dobre analizando o PXC PEME e a metodoloxía contable.

- CA2.1. Distinguíronse as fases do ciclo contable completo adaptándoas á lexislación española.

- CA2.2. Definiuse o concepto de conta como instrumento para representar os elemen tos patrimoniais e feitos económicos da empresa.

- CA2.3. Determináronse as características máis importantes do método de contabili zación por partida dobre.

- CA2.4. Recoñecéronse os criterios de cargo e aboamento como método de rexistro das modificacións do valor dos elementos patrimoniais.

- CA2.5. Definiuse o concepto de resultado contable e diferenciáronse as contas de in gresos e os gastos.

- CA2.6. Recoñeceuse o PXC como instrumento de harmonización contable.

- CA2.7. Relacionáronse as partes do PXC e diferenciáronse as obrigatorias das non obrigatorias.

- CA2.8. Codificouse un conxunto de elementos patrimoniais de acordo cos criterios do PXC, identificando a súa función na asociación e a desagregación da información contable.

- CA2.9. Identificáronse as contas anuais que establece o PXC e determinouse a súa función.

_ RA3. Xestiona a información sobre tributos que afectan ou gravan a actividade comer cial da empresa, para o que selecciona e aplica a normativa mercantil e fiscal.

- CA3.1. Identificouse a normativa fiscal básica.

- CA3.2. Clasificáronse os tributos e identificáronse as súas características básicas.

- CA3.3. Identificáronse os elementos tributarios.

- CA3.4. Clasificáronse os impostos tendo en conta a diferenza entre os directos e os indirectos.

- CA3.5. Identificáronse as principais figuras impositivas da actividade empresarial.

- CA3.6. Identificáronse as normas mercantís e fiscais básicas aplicables ás operacións de compravenda.

- CA3.7. Distinguíronse e recoñecéronse as operacións suxeitas, exentas e non suxeitas a IVE.

- CA3.8. Diferenciáronse os réximes especiais do IVE.

- CA3.9. Determináronse as obrigas de rexistro en relación co IVE, así como os libros rexistros (voluntarios e obrigatorios) para as empresas.

- CA3.10. Calculáronse as cotas liquidables do imposto e elaborouse a documentación correspondente á súa declaraciónliquidación.

- CA3.11. Recoñeceuse a normativa sobre a conservación de documentos e informa ción.

_ RA4. Elabora e organiza a documentación administrativa das operacións de compra venda, en relación coas transaccións comerciais da empresa.

- CA4.1. Determináronse os elementos do contrato mercantil de compravenda.

- CA4.2. Establecéronse os fluxos de documentación administrativa relacionados coa compra e a venda.

- CA4.3. Identificáronse e cubríronse os documentos relativos á compra e a venta na empresa, precisando os requisitos formais que deban reunir.

- CA4.4. Recoñecéronse os procesos de expedición e entrega de mercancías, así como a documentación administrativa asociada.

- CA4.5. Verificouse que a documentación comercial recibida e emitida cumpra a le xislación e os procedementos internos dunha empresa.

- CA4.6. Identificáronse os parámetros e a información que deben ser rexistrados nas operacións de compravenda.

- CA4.7. Valorouse a necesidade de aplicar os sistemas de protección e salvagarda da información, así como criterios de calidade no proceso administrativo.

- CA4.8. Xestionouse a documentación manifestando rigor e precisión.

- CA4.9. Utilizáronse aplicacións informáticas específicas.

_ RA5. Determina os trámites da xestión de cobramentos e pagamentos analizando a do cumentación asociada e o seu fluxo dentro da empresa.

- CA5.1. Diferenciáronse os fluxos de entrada e saída de tesouraría, valorando os pro cedementos de autorización de pagamentos e xestión dos cobramentos.

- CA5.2. Identificáronse os medios de pagamento e cobramento habituais na empresa, así como os seus documentos xustificativos, tendo en conta a diferenza entre paga mento ao contado e aprazado.

- CA5.3. Comparáronse as formas de financiamento comercial máis usuais.

- CA5.4. Aplicáronse as leis financeiras de capitalización simple ou composta en fun ción do tipo de operacións.

- CA5.5. Calculouse a liquidación de efectos comerciais, en operacións de desconto.

- CA5.6. Calculáronse as comisións e os gastos en determinados produtos e servizos bancarios relacionados co aprazamento do pagamento ou o desconto comercial.

_ RA6. Rexistra os feitos contables básicos derivados da actividade comercial e dentro dun ciclo económico, aplicando a metodoloxía contable e os principios e as normas do PXCPEME.

- CA6.1. Identificáronse e codificáronse as contas que interveñen nas operacións rela cionadas coa actividade comercial conforme o PXCPEME.

- CA6.2. Aplicáronse criterios de cargo e aboamento segundo o PXCPEME.

- CA6.3. Efectuáronse os asentos correspondentes aos feitos contables máis habituais do proceso comercial.

- CA6.4. Contabilizáronse as operacións relativas á liquidación de IVE.

- CA6.5. Rexistráronse os feitos contables previos ao pechamento do exercicio eco nómico.

- CA6.6. Calculouse o resultado contable e o balance de situación final.

- CA6.7. Preparouse a información económica salientable para elaborar a memoria pa ra un exercicio económico concreto.

- CA6.8. Utilizáronse aplicacións informáticas específicas.

- CA6.9. Realizáronse as copias de seguridade segundo o protocolo establecido para salvagardar os datos rexistrados.

- CA6.10. Xestionouse a documentación manifestando rigor e precisión.

_ RA7. Efectúa a xestión e o control da tesouraría utilizando aplicacións informáticas.

- CA7.1. Establecéronse a función e os métodos do control da tesouraría na empresa.

- CA7.2. Cubríronse os libros e rexistros de tesouraría.

- CA7.3. Executáronse as operacións do proceso de arqueamento e cadramento da cai xa e detectáronse as desviacións.

- CA7.4. Cotexouse a información dos extractos bancarios co libro de rexistro do ban co.

- CA7.5. Describíronse as utilidades dun calendario de vencementos en termos de pre visión financeira.

- CA7.6. Relacionouse o servizo de tesouraría e o resto de departamentos con empre sas e entidades externas.

- CA7.7. Valorouse a utilización de medios en liña, administración electrónica e outros substitutivos da presentación física dos documentos.

- CA7.8. Efectuáronse os procedementos de acordo cos principios de responsabilidade, seguridade e confidencialidade da información.

- CA7.9. Utilizouse a folla de cálculo e outras ferramentas informáticas para a xestión de tesouraría.

- CA7.10. Identificouse o procedemento para a presentación de documentos de cobra mento e pagamento ante as administracións públicas.

Contidos básicos

BC1. Determinación dos elementos patrimoniais da empresa

_ Actividade económica e ciclo económico.

_ Empresa: concepto e tipos.

_ Patrimonio da empresa e a contabilidade:

- Elementos patrimoniais

- Masas patrimoniais.

- Activo, pasivo e patrimonio neto dunha empresa.

- Equilibrio patrimonial.

BC2. Integración da contabilidade e metodoloxía contable

_ Operacións mercantís desde a perspectiva contable.

_ Teoría das contas: concepto, estrutura e tipos de contas.

_ Método por partida dobre.

_ Resultado contable.

_ Normalización contable. O PXC: marco conceptual, principios contables, normas de valoración, cadro de contas, definicións e relacións contables, e contas anuais.

BC3. Xestión da información sobre tributos que grava a actividade comercial

_ Marco tributario español. Xustificación do sistema tributario.

_ Clases de tributos: impostos, taxas e contribucións especiais.

_ Elementos do imposto.

_ Clasificación dos impostos: directos e indirectos.

_ Elementos tributarios do IS e do IRPF.

_ Imposto sobre o valor engadido:

- Elementos.

- Operacións suxeitas, non suxeitas e exentas.

- Réxime xeral e réximes especiais.

- Libros rexistro.

- Declaraciónsliquidacións. Resumo anual do IVE.

- Presentación telemática.

BC4. Elaboración e organización da documentación administrativa da compravenda e cálculos comerciais

_ Actividade comercial.

_ Documentos administrativos de compravenda: tipos e requisitos formais.

_ Cálculos da actividade comercial.

_ Libros rexistros de facturas. Aplicación informática de facturación.

BC5. Trámites de xestión de cobramentos e pagamentos, e procedementos de cálculo na xestión de tesouraría

_ Normativa mercantil aplicable á xestión de cobramento e dos pagamentos.

_ Medios de cobramento e pagamento.

_ Capitalización simple.

_ Cálculo do desconto simple.

_ Equivalencia financeira.

_ Capitalización composta: tanto nominal e tanto efectivo. TAE.

_ Comisións e gastos en determinados produtos e servizos financeiros básicos relaciona dos co aprazamento do pagamento e o desconto comercial.

BC6. Rexistro contable da actividade comercial

_ Compras de mercadorías e operacións relacionadas.

_ Vendas de mercadorías e operacións relacionadas.

_ Operacións relacionadas coas existencias.

_ Operacións de aprazamento de pagamento e cobramento.

_ Problemática contable dos dereitos de cobramento.

_ Declaraciónliquidación de IVE.

_ Desenvolvemento do ciclo contable.

_ Aplicacións informáticas.

BC7. Xestión e control da tesouraría

_ Libros rexistro de tesouraría.

_ Orzamento de tesouraría.

_ Xestión de contas bancarias. Banca en liña.

_ Operacións de cobramento e pagamento coas administracións públicas

_ Ferramentas informáticas específicas: follas de cálculo.

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de xes tionar administrativamente a actividade comercial, que abrangue aspectos como:

- Confección, rexistro e control da documentación administrativa da actividade comer cial.

- Xestión e control da tesouraría.

- Rexistro contable das operacións máis comúns relacionadas coa actividade comercial da empresa.

- Confección da documentación, e xestión e control das obrigas tributarias derivadas da actividade comercial.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na área administrativa de pequenas e medianas empresas de calquera sector de actividade.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), f), e h) do ciclo formativo, e as competencias f), k) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Análise e interpretación da normativa mercantil, contable e fiscal.

- Confección e rexistro da documentación administrativa relacionada coa actividade comercial da empresa, utilizando unha aplicación informática de facturación.

- Formalización de documentos xerados en procesos de cobramento e pagamento, así como a análise dos libros de tesouraría e a utilización de aplicacións informáticas de xestión de tesouraría.

- Contabilización informática de operacións derivadas da actividade comercial, mate rializadas en documentos soporte.

¿Listo para comenzar tu formación?

Únete a miles de estudiantes que han transformado su futuro profesional con nosotros.