xestión de recursos humanos

_ Equivalencia en créditos ECTS: 6.

_ Código: MP0652.

_ Duración: 105 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Xestiona a documentación que xera o proceso de contratación, aplicando a nor mativa.

- CA1.1. Seleccionouse a normativa que regula a contratación laboral.

- CA1.2. Identificáronse as fases do proceso de contratación.

- CA1.3. Interpretáronse as funcións dos organismos públicos que interveñen no pro ceso de contratación.

- CA1.4. Determináronse as modalidades de contratación laboral vixentes aplicables a cada colectivo, e os seus elementos.

- CA1.5. Propúxose a modalidade de contrato máis adecuada ás necesidades do posto de traballo e ás características das empresas e dos traballadores e as traballadoras.

- CA1.6. Especificáronse as funcións dos convenios colectivos e as variables que regu lan en relación coa contratación laboral.

- CA1.7. Cubriuse a documentación que se xera en cada fase do proceso de contrata ción.

- CA1.8. Recoñecéronse as vías de comunicación convencionais e telemáticas coas persoas e os organismos oficiais que interveñen no proceso de contratación.

- CA1.9. Comprobouse a inexistencia de erros.

- CA1.10. Empregáronse programas informáticos específicos para a confección, o re xistro e o arquivo da información e da documentación salientable no proceso de con tratación.

_ RA2. Programa as tarefas administrativas correspondentes á modificación, a suspensión e a extinción do contrato de traballo, aplicando a normativa e cubrindo a documenta ción aparellada.

- CA2.1. Seleccionouse a normativa que regula a modificación, a suspensión e a extin ción do contrato de traballo.

- CA2.2. Efectuáronse os cálculos sobre os conceptos retributivos derivados das situa cións de modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

- CA2.3. Identificouse e cubriuse a documentación que se xera nos proceso de modifi cación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

- CA2.4. Recoñecéronse as vías de comunicación convencionais e telemáticas coas persoas e os organismos oficiais implicadas nun proceso de modificación, suspensión ou extinción de contrato de traballo.

- CA2.5. Comunicáronselles en tempo e forma aos traballadores os cambios produci dos pola modificación, a suspensión ou a extinción do contrato laboral.

- CA2.6. Empregáronse programas informáticos específicos para a confección, o rexis tro e o arquivo da información e da documentación salientable no proceso de modifi cación, suspensión ou extinción de contrato de traballo.

_ RA3. Caracteriza as obrigas administrativas da parte empresarial coa Seguridade So cial, tramita a documentación e realiza os cálculos procedentes.

- CA3.1. Recoñecéronse os trámites obrigatorios para a parte empresarial ante a Segu ridade Social.

- CA3.2. Seleccionouse e analizouse a normativa que regula as bases de cotización e a determinación de achegas á Seguridade Social.

- CA3.3. Calculáronse as principais prestacións económicas da Seguridade Social.

- CA3.4. Elaborouse a documentación para os trámites de afiliación, alta, baixa e va riación de datos nos diversos réximes da Seguridade Social.

- CA3.5. Recoñecéronse as vías de comunicación convencionais e telemáticas, coas persoas e os organismos oficiais implicados no proceso de afiliación, alta, baixa e va riación de datos.

- CA3.6. Prevíronse as actuacións e os procedementos dos órganos inspectores e fisca lizadores en materia de seguridade social.

- CA3.7. Recoñecéronse sistemas complementarios de previsión social.

- CA3.8. Empregáronse programas informáticos específicos para a confección, o rexis tro e o arquivo da información e da documentación salientable xerada na tramitación documental coa Seguridade Social.

_ RA4. Confecciona os documentos derivados do proceso de retribución de recursos humanos e as obrigas de pagamentos, aplicando a normativa.

- CA4.1. Recoñecéronse os procesos retributivos e as modalidades salariais.

- CA4.2. Precisouse o concepto de salario mínimo interprofesional, IPREM ou outros índices, e a súa función na regulación salarial e nas prestacións da Seguridade Social.

- CA4.3. Identificáronse os métodos de incentivos á produción ou ao traballo en fun ción do posto.

- CA4.4. Identificouse a documentación necesaria para efectuar o proceso de retribu ción.

- CA4.5. Elaboráronse as nóminas calculando o importe dos conceptos retributivos, as achegas á Seguridade Social e as retencións á conta do IRPF.

- CA4.6. Comprobouse a inexistencia de erros.

- CA4.7. Analizáronse e calculáronse as achegas da empresa e do conxunto de traba lladores e traballadoras á Seguridade Social.

- CA4.8. Identificáronse os modelos de formularios e os prazos establecidos de decla raciónliquidación das achegas á Seguridade Social e ingresos á conta das retencións do IRPF.

- CA4.9. Confeccionouse a declaraciónliquidación das achegas á Seguridade Social e ingresos á conta das retencións do IRPF.

- CA4.10. Recoñecéronse as vías de comunicación convencionais e telemáticas, coas persoas e os organismos oficiais que interveñen no proceso de retribución e ingreso de declaraciónliquidación.

- CA4.11. Empregáronse programas informáticos específicos para a confección, o re xistro e o arquivo da información e da documentación salientable xerada no proceso de retribución.

Contidos básicos

BC1. Xestión da documentación que xera o proceso de contratación

_ Formalidades e documentación do proceso de contratación.

_ Documentos relativos ás modalidades contractuais ordinarias e as súas características.

_ Política laboral do Goberno: subvencións e axudas á contratación.

_ Rexistro e arquivo da información e da documentación relativa á contratación laboral na empresa.

_ Utilización de aplicacións informáticas de xestión de recursos humanos.

BC2. Programación das tarefas administrativas correspondentes á modificación, a sus pensión e a extinción do contrato de traballo

_ Modificación das condicións do contrato de traballo.

_ Suspensión do contrato de traballo: causas e procedementos.

_ Extinción do contrato de traballo.

_ Xestión da documentación nos organismos públicos.

_ Rexistro e arquivo da información e da documentación.

_ Utilización de aplicacións informáticas de xestión de recursos humanos.

BC3. Caracterización do sistema da Seguridade Social

_ Seguridade Social en España e outros organismos de previsión social: finalidade e cam po de aplicación.

_ Estrutura administrativa da Seguridade Social.

_ Réximes do sistema da Seguridade Social: xeral e especiais.

_ Financiamento e prestacións da Seguridade Social.

_ Obrigas da parte empresarial coa Seguridade Social.

_ Incumprimento das obrigas da parte empresarial: consecuencias.

_ Liquidación de cotas á seguridade Social.

_ Arquivo da información e a documentación.

_ Sistemas de previsión social complementarios.

_ Utilización de aplicacións informáticas de xestión de recursos humanos.

BC4. Confección dos documentos derivados do proceso de retribución de recursos hu manos e as obrigas de pagamentos

_ Regulación legal da retribución.

_ Salario: clases.

_ Cálculo e confección de nóminas.

_ Documentos de cotización á Seguridade Social.

_ Declaraciónliquidación de retencións á conta do IRPF.

_ Outros conceptos: anticipos e outros servizos sociais.

_ Comunicación cos organismos oficiais que interveñen no proceso de retribución de re cursos humanos.

_ Arquivo da información e a documentación.

_ Utilización de aplicacións informáticas de xestión de recursos humanos.

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de reali zar as operacións administrativas nos procesos de contratación e retribución do persoal, e modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo, así como coordinar os fluxos de información que se xeren, contribuíndo ao desenvolvemento dunha adecuada xestión dos recursos humanos.

Esta función abrangue aspectos como:

- Control da normativa legal que regula os procesos de contratación e retribución do persoal, e modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

- Xestión dos procesos de contratación e retribución do persoal.

- Coordinación dos fluxos de información que se xeran na empresa en materia de xes tión de persoal e das relacións laborais.

- Utilización de aplicacións informáticas de xestión de recursos humanos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión dos procesos de contratación e retribución do persoal, e modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo, dunha organización de calquera sector produtivo, necesarios para unha ade cuada xestión dos recursos humanos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais k), o), r) e u) do ciclo formativo, e as competencias i), j), o), p) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Interpretación da normativa laboral.

- Xestión e formalización da documentación que se xera no proceso de contratación.

- Confección da documentación necesaria para a modificación, a suspensión e a extin ción do contrato de traballo.

- Confección das nóminas calculando os conceptos retributivos.

- Elaboración e presentación da documentación necesaria para dar cumprimento ás obrigas de pagamento en relación aos procesos retributivos.

- Rexistro e arquivo da información e a documentación que se xera no departamento de recursos humanos.

- Utilización das ferramentas informáticas en xestión de recursos humanos, e elabora ción de nóminas e os seguros sociais

¿Listo para comenzar tu formación?

Únete a miles de estudiantes que han transformado su futuro profesional con nosotros.