xestión loxística e comercial

_ Equivalencia en créditos ECTS: 6.

_ Código: MP0655.

_ Duración: 105 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

_ RA1. Elabora plans de aprovisionamento analizando información das áreas da organi zación ou empresa.

- CA1.1. Definíronse as fases dun programa de aprovisionamento, desde a detección de necesidades ata a recepción da mercadoría.

- CA1.2. Determináronse os principais parámetros que configuran un programa de aprovisionamento que garanta a calidade e o cumprimento do nivel de servizo esta blecido.

- CA1.3. Obtivéronse as previsións de venda e/ou demanda do período de cada depar tamento implicado.

- CA1.4. Contrastáronse os consumos históricos e a lista de materiais e pedidos reali zados en función do cumprimento dos obxectivos do plan de vendas e/ou produción previsto pola empresa ou a organización.

- CA1.5. Calculouse o custo do programa de aprovisionamento, diferenciando os ele mentos que o compoñen.

- CA1.6. Determinouse a capacidade óptima de almacenamento da organización, tendo en conta a previsión de existencias.

- CA1.7. Elaboráronse as ordes de subministración de materiais con data, cantidade e lotes, indicando o momento e o destino ou a situación da subministración ao almacén e/ou ás unidades produtivas precedentes.

- CA1.8. Previuse con tempo suficiente o reaprovisionamento da cadea de subminis tración para axustar os volumes de existencias ao nivel de servizo, evitando os desa bastecementos.

- CA1.9. Realizáronse as operacións anteriores mediante unha aplicación informática de xestión de existencias e aprovisionamento.

- CA1.10. Asegurouse a calidade do proceso de aprovisionamento, establecendo pro cedementos normalizados de xestión de pedidos e control do proceso.

_ RA2. Realiza procesos de selección de provedores analizando as condicións técnicas e os parámetros habituais.

- CA2.1. Identificáronse as fontes de subministración e procura de provedores.

- CA2.2. Confeccionouse un ficheiro cos provedores potenciais de acordo cos criterios de procura en liña e offline.

- CA2.3. Realizáronse solicitudes de ofertas e prego de condicións de aprovisionamen to.

- CA2.4. Compiláronse as ofertas de provedores que cumpran as condicións estableci das para a súa posterior avaliación.

- CA2.5. Definíronse os criterios esenciais na selección de ofertas de provedores (eco nómicos, prazo de aprovisionamento, calidade, condicións de pagamento, servizo, etc.).

- CA2.6. Comparáronse as ofertas de varios provedores de acordo cos parámetros de prezo, calidade e servizo.

- CA2.7. Estableceuse un baremo dos criterios de selección en función do peso especí fico que, sobre o total, represente cada variable considerada.

- CA2.8. Realizáronse as operacións anteriores mediante unha aplicación informática de xestión de provedores.

_ RA3. Planifica a xestión das relacións cos provedores aplicando técnicas de negocia ción e comunicación.

- CA3.1. Relacionáronse as técnicas máis utilizadas na comunicación con provedores.

- CA3.2. Detectáronse as vantaxes, os custos e os requisitos técnicos e comerciais de implantación dun sistema de intercambio electrónico de datos, na xestión do aprovi sionamento.

- CA3.3. Elaboráronse escritos de xeito claro e conciso nas solicitudes de información aos provedores.

- CA3.4. Preparáronse previamente as conversas persoais ou telefónicas cos provedo res.

- CA3.5. Identificáronse os tipos de documentos utilizados para o intercambio de in formación con provedores.

- CA3.6. Explicáronse as etapas nun proceso de negociación de condicións de aprovi sionamento.

- CA3.7. Describíronse as técnicas de negociación máis utilizadas na compravenda e no aprovisionamento.

- CA3.8. Elaborouse un informe que recolla os acordos da negociación, mediante o uso dos programas informáticos adecuados.

_ RA4. Programa o seguimento documental e os controis do proceso de aprovisionamen to, aplicando os mecanismos previstos no programa e utilizando aplicacións informáti cas.

- CA4.1. Estableceuse a secuencia e o proceso de control que deben seguir os pedidos realizados a un provedor no momento de recepción no almacén.

- CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade e eficacia operativa na xestión de provedores.

- CA4.3. Detectáronse as incidencias máis frecuentes do proceso de aprovisionamento.

- CA4.4. Establecéronse as medidas que cumpra adoptar ante as anomalías na recep ción dun pedido.

- CA4.5. Definíronse os aspectos que deben figurar nos documentos internos de rexis tro e control do proceso de aprovisionamento.

- CA4.6. Elaboráronse informes de avaliación de provedores de xeito claro e estrutu rado.

- CA4.7. Elaborouse a documentación relativa ao control, o rexistro e o intercambio de información con provedores, seguindo os procedementos de calidade e utilizando aplicacións informáticas.

- CA4.8. Determináronse os fluxos de información relacionando os departamentos du nha empresa e os demais axentes loxísticos que interveñen na actividade de aprovi sionamento.

- CA4.9. Recoñeceuse a normativa sobre envasamento, embalaxe e etiquetaxe.

- CA4.10. Enlazáronse as informacións de aprovisionamento, loxística e facturación con outras áreas de información da empresa, como contabilidade e tesouraría.

_ RA5. Define as fases e operacións que deben realizarse dentro da cadea loxística, ase gurándose a rastrexabilidade e a calidade no seguimento da mercadoría.

- CA5.1. Describíronse as características básicas da cadea loxística identificando as actividades, as fases e os axentes que participan, e as relacións entre eles.

- CA5.2. Interpretáronse os diagramas de fluxos físicos de mercadorías, de informa ción e económicos en cada fase da cadea loxística.

- CA5.3. Describíronse os custos loxísticos directos e indirectos, fixos e variables, considerando todos os elementos dunha operación loxística e as responsabilidades imputables a cada axente da cadea loxística.

- CA5.4. Valoráronse as alternativas nos modelos ou nas estratexias de distribución de mercadorías.

- CA5.5. Establecéronse as operacións suxeitas á loxística inversa e determinouse o tratamento que se lles debe dar ás mercadorías retornadas, para mellorar a eficiencia da cadea loxística.

- CA5.6. Asegurouse a satisfacción da clientela resolvendo imprevistos, incidencias e reclamacións na cadea loxística.

- CA5.7. Realizáronse as operacións anteriores mediante unha aplicación informática de xestión de provedores.

- CA5.8. Valorouse a responsabilidade corporativa na xestión de residuos, desperdi cios, devolucións caducadas, embalaxes, etc.

Contidos básicos

BC1. Elaboración do plan de aprovisionamento

_ Relacións entre as funcións da empresa e o aprovisionamento.

_ Obxectivos da función de aprovisionamento.

_ Plan de aprovisionamento: fases.

_ Variables que inflúen nas necesidades de aprovisionamento.

_ Sistemas informáticos de xestión de existencias.

_ Determinación das existencias de seguridade.

_ Tamaño óptimo de pedidos.

_ Punto de pedido e lote de pedido que optimiza as existencias no almacén.

_ Ruptura de existencias e o seu custo. Custoss de demanda insatisfeita.

_ Xestión de existencias

_ Métodos de xestión de existencias.

BC2. Procesos de selección de provedores

_ Identificación de fontes de subministración e procura dos provedores potenciais en liña e offline.

_ Petición de ofertas e prego de condicións de aprovisionamento.

_ Criterios de selección e avaliación de provedores.

_ Aplicacións informáticas de xestión e seguimento de provedores.

_ Rexistro e valoración de provedores.

_ Análise comparativa de ofertas de provedores.

BC3. Planificación da xestión da relación con provedores

_ Relacións con provedores.

_ Documentos utilizados para o intercambio de información con provedores.

_ Aplicacións informáticas de comunicación e información con provedores.

_ Etapas do proceso de negociación con provedores. Estratexias e actitudes.

_ Preparación da negociación.

_ Estratexia ante situacións especiais: monopolio, provedores exclusivos, etc.

BC4. Programación do seguimento e o control das variables do aprovisionamento

_ Proceso de aprovisionamento.

_ Diagrama de fluxo de documentación.

_ Aplicacións informáticas de xestión e seguimento de provedores.

_ Razóns de control e xestión de provedores.

_ Indicadores de calidade e eficacia operativa na xestión de provedores.

_ Informes de avaliación de provedores.

_ Documentación do proceso de aprovisionamento.

_ Normativa sobre envasamento, embalaxe e etiquetaxe de produtos e/ou mercadorías.

_ Comunicación cos departamentos da empresa e os demais axentes loxísticos que inter veñen na actividade de aprovisionamento.

BC5. Fases e operacións da cadea loxística

_ Función loxística na empresa.

_ Definición e características básicas da cadea loxística.

_ Sistema informático de rastrexabilidade e xestión da cadea loxística.

_ Calidade total e just in time.

_ Xestión da cadea loxística na empresa.

_ Custos loxísticos: directos e indirectos, fixos e variables.

_ Control de custos na cadea loxística.

_ Loxística inversa. Tratamento de devolucións. custos afectos ás devolucións.

_ Elementos do servizo á clientela.

_ Mellora do custo e do servizo.

_ Responsabilidade social corporativa na loxística e na almacenaxe.

Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de xes tión administrativa participando na elaboración, na execución e no control do plan de aprovisionamento, así como no óptimo aproveitamento e na calidade da cadea loxística, de acordo coas directrices da empresa ou a organización.

Esta función abrangue aspectos como:

- Obtención da información necesaria dos departamentos da empresa co fin de deter minar as súas necesidades de aprovisionamento.

- Xestión administrativa de almacéns, determinando dos niveis máximos, mínimos, de seguridade, medios e óptimos de existencias.

- Aplicación de métodos de xestión de existencias e determinación do tamaño e do punto de pedido.

- Cálculo dos custos de inventarios a partir dos datos recibidos.

- Selección de provedores e mantemento e actualización dos arquivos.

- Utilización de aplicacións informáticas de xestión e seguimento de provedores e ca dea loxística.

- Elaboración de pregos de condicións de ofertas.

- Selección das ofertas máis idóneas respecto aos criterios establecidos pola organiza ción.

- Elaboración da documentación correspondente ao proceso de aprovisionamento.

- Aplicación de técnicas de negociación e resolución de conflitos con provedores.

- Xestión administrativa da cadea loxística.

- Control de custos na cadea loxística.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na xestión administrativa das actividades de aprovisionamento, aproveitando optimamente os recursos, custos e pra zos de entrega dentro do departamento de produción, compras e/ou loxístico, en calquera tipo de empresas, independentemente do sector ao que pertenzan.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais do ciclo formativo h) e m), e as competencias f) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os ob xectivos do módulo han versar sobre:

- Comprensión e interpretación da información reunida dos departamentos ou das áre as da empresa.

- Identificación das necesidades de aprovisionamento dos departamentos ou as áreas funcionais da empresa.

- Comprensión dos métodos e os mecanismos de xestión de existencias e almacéns.

- Formalización e xestión da documentación xerada no proceso de aprovisionamento.

- Xestión e mantemento de arquivos convencionais e telemáticos de potenciais prove dores.

- Utilización de programas informáticos de xestión de existencias.

- Identificación das técnicas de negociación con provedores.

- Identificación dos sistemas de control do proceso de aprovisionamento que se aplican nunha organización.

- Recoñecemento das fases da cadea loxística ou de subministración da empresa e a súa duración.

- Descrición dos custos loxísticos desde a súa orixe ata o seu destino, e as responsabi lidades imputables a cada axente da cadea loxística.

¿Listo para comenzar tu formación?

Únete a miles de estudiantes que han transformado su futuro profesional con nosotros.