Ciclo Medio Xestión Administrativa

Ciclo Medio Xestión Administrativa

A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de soporte administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como na atención ao cliente/usuario, tanto en empresas públicas como privadas, aplicando a normativa vixente e os protocolos de calidade, garantindo así a satisfacción do cliente e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

A matrícula para este curso está actualmente pechada. Podes anotarte na lista de agarda e avisarémoste en canto se abra o próximo período de inscrición.

Anotarme na lista de agarda

Características do curso

  • 📅 Horario: Mañas.

  • Duración: Duración 2.000 horas (2 cursos académicos).

  • 🎓 Titulación: Técnico en Xestión Administrativa.

  • 🏫 Tipo: Concertado.

  • 💻 Familia profesional: Administración e xestión.

Saídas laborais

  1. A organización da actividade produtiva das empresas e do traballo exíxelle ac tualmente ao persoal profesional da xestión administrativa unha grande polivalen cia, así como unha serie de competencias persoais e sociais relacionadas co tra ballo en equipo, coa autonomía e a iniciativa na toma de decisións, co desenvol vemento de tarefas e coa vocación de atención ao público.

  2. As maiores vías de demanda de emprego son o incremento continuado do sector de servizos en España fronte á industria e a agricultura, así como a externa lización de certas tarefas que realizan algunhas empresas. Desde a primeira liña, increméntase o número total de profesionais da área administrativa, tanto pola im plantación de novas empresas de todos os sectores económicos como polo de senvolvemento das xa existentes. Desde o punto de vista da externalización, cada vez máis compañías deciden subcontratar a súa xestión administrativa ou parte dela a empresas especializadas, o que, loxicamente, implica o crecemento e a pro liferación de empresas dedicadas en exclusiva a prestar servizos administrativos a outras (xestorías, asesorías, consultoras, centros de servizos, etc.).

  3. O cambio constante na lexislación, nos tipos de documentos e na integración dos procedementos administrativos utilizados pola empresa demanda destas per soas unha actualización continua e actitudes favorables cara á aprendizaxe ao longo de toda a vida, a autoformación e a responsabilidade.

  4. A crecente competitividade no mundo empresarial require, así mesmo, profe sionais capaces de desenvolveren a súa actividade nun ambiente de xestión de calidade, respectando a normativa ambiental e de seguridade laboral.

  5. Por último, en relación co anterior e coa imparable tendencia á globalización das relacións económicas, o emprego do inglés como lingua de intercambio inter nacional é imprescindible e, xa que logo, convértese nun factor máis de exixencia para o persoal profesional da área administrativa, debido á permanente xestión de documentos e de comunicacións.

A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio admi nistrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como pri vadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

  1. Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle aten ción á clientela e á cidadanía.

  2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

    • Auxiliar administrativo/a.

    • Axudante de oficina.

    • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos

    • Administrativo/a comercial.

    • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal

    • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.

    • Recepcionista.

    • Empregado/a de atención á clientela.

    • Empregado/a de tesouraría.

    • Empregado/a de medios de pagamento.

Comparte este curso

Logo Xunta de Galicia ← Volver

Listo para comezar a túa formación?

Únete a milleiros de estudantes que transformaron o seu futuro profesional con nós.