Erasmus+

Introducción
A estratexia do CPR CEBEM para acadar os obxectivos e as metas propostas como centro educativo pasa pola busca, organización e implementación de proxectos de cooperación con outros institutos ou empresas europeas. O marco máis axeitado para conseguir esta colaboración é a participación en proxectos e programas europeos, en concreto, a través do proxecto Erasmus+.


Atendendo ás solicitudes e necesidades de formación e/ou de prácticas de forma individual e a petición dos departamentos correspondentes, queremos que o noso alumnado continúe formándose tanto persoal como profesionalmente, mellore a súa empregabilidade e a súa integración nas diferentes culturas.
Cando o CPR CEBEM solicitou a Carta Erasmus de Educación Superior evidenciou o seu desexo de participar nos Programas Erasmus+, co fin de iniciar un novo período de modernización e internacionalización da educación do noso alumnado dos ciclos de Grao Superior.
Os Proxectos Curriculares dos Ciclos de Educación Superior, así como os currículos oficiais de Galicia, conforme á lexislación española relativa á Formación Profesional, establecen a obrigatoriedade de realizar 384 horas de Prácticas en Empresas.
Ao concedérsenos a Carta Erasmus+ para o período 2014-2025 propoñémonos mellorar as competencias do noso alumnado, capacitándoos para a mobilidade laboral nunha Europa sen fronteiras.
A mobilidade da nosa mocidade para estudos ou prácticas permitirá que se beneficien dunha oferta educativa máis ampla e que melloren a súa competencia lingüística. O noso obxectivo é fomentar unha xeración de futuros profesionais mellor cualificados ao coñecer as esixencias do mercado laboral europeo, adquirir aptitudes específicas e mellorar a visión do entorno social, económico e laboral.
Os obxectivos do noso centro con estas mobilidades son:
Complementar a formación do noso alumnado con estadías en empresas de países da Unión Europea, co fin de que poidan poñer en práctica as capacidades e coñecementos adquiridos no noso centro.
Contribuír a aumentar o prestixio das ensinanzas de Formación Profesional a través dun modelo moi implicado coa internacionalización e mellorar deste xeito o atractivo da Formación Profesional entre o alumnado e as empresas.
Aumentar as competencias lingüísticas do noso persoal coa asistencia a cursos de idiomas.
Reforzar o triángulo do coñecemento profesional ao vincular a educación superior, a excelencia empresarial e investigadora e o desenvolvemento rexional, promovendo o desenvolvemento emprendedor e a innovación na educación superior.
Promover a aprendizaxe de linguas e da cultura dos países da Unión Europea entre o alumnado, favorecendo deste xeito a súa empregabilidade, ampliando as súas posibilidades de inserción laboral e de formación.
Coñecer o mercado laboral dos países da Unión Europea.
Promover o atractivo da Área Europea de Educación Superior.
Intercambiar experiencias entre os distintos membros da comunidade educativa (Alumnado, Profesorado e Persoal de Administración).
CARTA ECHE
O CPR CEBEM conta coa Carta Erasmus de Educación Superior.
Con este recoñecemento establécese o marco xeral de calidade para as actividades europeas e internacionais de cooperación que unha institución de educación superior pode levar a cabo dentro do Programa Erasmus+. A concesión da Carta Erasmus+ é un requisito previo para todos os centros de ensinanza superior dispostos a participar na mobilidade de estudos de persoas e/ou na cooperación para a innovación e as boas prácticas no marco do Programa.

"O apoio da Comisión Europea para a elaboración desta publicación non implica a aceptación dos seus contidos, que é responsabilidade exclusiva dos autores.
Por tanto, a Comisión non é responsable do uso que se poida facer da información aquí difundida." "The European Commission support for the production of this publication does not constitute an endorsement of the contents which reflects the views only of the authors, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein.The European Commission support for the production of this publication does not constitute an endorsement of the contents which reflects the views only of the authors, and the Commission cannot be held responsible for any use which may be made of the information contained therein."
Convocatorias
Notifícase ao alumnado que se abre o prazo de inscrición para 4 prazas de mobilidade Erasmus+.
Poderá participar no proceso de selección o alumnado de 2º curso do ciclo de grao superior. Para iso, deberá enviar adxunto e debidamente cuberto o documento "SOLICITUDE ERASMUS+", así como o "Currículum Vítae Europass", ambos dispoñibles na lapela "Documentos de interese". Do mesmo xeito, no apartado de "Criterios de Selección" atoparanse as bases e o procedemento de selección.
Prazo de presentación: do 27 de xaneiro.
Publicación de resultados: notificarase a listaxe de alumnado admitido e excluído.

Criterios de selección
Tanto os procedementos como os criterios de selección seguirán a política de Erasmus+, promovendo e baseando a concesión das axudas nos principios de equidade, transparencia e claridade.
A modalidade concedida por parte de Erasmus+ correspóndese coa realización do módulo de prácticas das titulacións de Formación Superior. Polo tanto, a información referente ao desenvolvemento do proxecto comunicaráselle en tempo e forma ao alumnado matriculado no segundo curso dos 3 Ciclos Formativos de Grao Superior dispoñibles: Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
Co obxectivo de acadar o máximo aproveitamento da formación e seguindo os principios e recomendacións da Axencia Nacional (AN), o alumnado que decida solicitar a bolsa Erasmus+ debe contar cun nivel de inglés acreditado, mínimo B1.
A continuación, procederase a explicar os diferentes criterios de avaliación que o equipo académico encargado da selección levará a cabo para determinar a titularidade da bolsa Erasmus+.
Todas as candidaturas, para poder ser avaliadas, deberán achegar o Currículum Vítae, concretamente seguindo o modelo CV Europass.
O proceso selectivo que se empregará constará da nota dos seguintes ítems segundo os porcentaxes indicados:
40% Expediente Académico
30% Coñecementos de idiomas
20% Valoración do equipo docente
10% Méritos

O alumnado seleccionado asinará un COMPROMISO DE ACEPTACIÓN DA BOLSA ERASMUS+ CO CENTRO EDUCATIVO.
Documentos de interése
SOLICITUD ERASMUS
Se queres solicitar unha bolsa Erasmus+, cobre este documento e envíao ao enderezo de correo electrónico que se indica na solicitude.
1.-Solicitud-de-ErasmusCOMPROMISO ERASMUS KA103
Si has sido seleccionado, deberás firmar tu compromiso con el centro educativo
2.-Compromiso-de-participacin-alumnado-becado-Erasmus
RENUNCIA Á BECA KA103
Descarga e cobre o documento de renuncia á túa Bolsa Erasmus.
3.-Renuncia-de-participacin-alumnado-becado-Erasmus
CURRÍCULUM VITAE EUROPASS
Editor en liña de currículo vitae

Editor CV Europass (Español) -> Editor CV Europass (Inglés) ->
CARTA DO ESTUDIANTE ERASMUS
charterspain es (pdf)Recomendacions
Que necesito antes de ir cunha bolsa Erasmus+?
Tarxeta sanitaria europea. Obrigatoriamente debes tramitar algún tipo de asistencia sanitaria. Normalmente será a Tarxeta Sanitaria Europea. Se non es da Seguridade Social, consulta coa túa mutua (MUFACE, ISFAS ou outras) sobre a Tarxeta Sanitaria Europea ou que cobertura sanitaria terás. Se non tes ningunha cobertura sanitaria, deberás contratar un seguro privado.
DNI e pasaporte en vigor. Revisa as datas de caducidade ou solicita un novo para poder viaxar ao destino. Lembra que pode tardarse unhas 2 semanas en conseguir cita, así que non o deixes para o último día e pídela aquí.
Conta bancaria para o ingreso da bolsa. Se necesitas unha tarxeta bancaria para utilizala no estranxeiro, actualmente hai varios bancos que che ofrecen esta opción. Nesta páxina atoparás máis información.
Seguro Erasmus. No mercado hai varios tipos de seguro, aquí tes algúns exemplos: póliza Mapfre estándar, póliza ERV Erasmus+, póliza Miotroseguro Erasmus+, póliza Protryp Erasmus+ responsabilidade civil.
Como atopar unha empresa de acollida?
Este é un programa especial que require un pouco de esforzo pola túa parte, xa que tes que ser activo na busca da empresa ou organización onde queiras facer as prácticas, en función dos teus estudos, coñecementos de idiomas e intereses persoais e profesionais.
Estas son páxinas web interesantes para a busca de entidades de acollida para realizar prácticas:
Programa EURES: programa xestionado dende as oficinas do INEM dos diferentes países do Espazo Económico Europeo que facilita o acceso da cidadanía ás ofertas de emprego existentes, contactos de empresas e información sobre as condicións de vida e traballo en Europa. Para obter máis información podes visitar a seguinte páxina web: http://ec.europa.eu/eures/
Para facilitar a busca de prácticas, as axencias do programa Erasmus+ crearon esta plataforma: www.erasmusintern.org
Emprego e prácticas internacionais: nesta web atoparás información de interese sobre empresas europeas, directorios, condicións de emprego e características do mercado laboral en Europa. Esta información será de gran utilidade para iniciar a busca de entidades de acollida: http://www.quierounbuentrabajo.com/
Emprego no Reino Unido: http://www.placement-uk.com/pages/index.php
Prácticas en Europa: http://www.globalplacement.com
Recruiting Erasmus: www.recruitingerasmus.com
International Student Placement Office (ISPO)
Prácticas en Polonia: www.proyectoiberico.pl
Xestión de prácticas en Europa: www.theinterngroup.com
Plataforma JOE+ de ofertas de LEO-NET: https://leonet.joeplus.org/en/
Europe Internship: www.europe-intership.com
Rede profesional LinkedIn
Ofertas de traballo e prácticas no estranxeiro: https://www.iagora.com/
Prácticas en Francia: http://www.kapstages.com/index.php
Buscador de prácticas: http://www.europlacement.com/
Directorio de empresas en Europa: https://www.europages.com/
Ofertas de prácticas en Francia: https://www.directetudiant.com/
Ofertas de prácticas en Alemaña: https://www.praktikum-service.de/
Ofertas de prácticas: http://www.eurodyssee.eu/es/que-es-eurodisea.html
Ofertas de prácticas en Europa: https://erasmusintern.org/traineeships
Emprego e prácticas remuneradas no Reino Unido: http://placement-uk.com/
Emprego e prácticas internacionais: https://www.monster.es/
Ofertas de traballo en Bruxelas: https://www.eubusiness.com/jobs
Buscador de prácticas en Francia: https://www.letudiant.fr/
Buscador de emprego: https://www.jobware.de/
Buscador de emprego en Europa: https://www.eurojobs.com/
Ofertas de traballo no Reino Unido: https://uk.jobted.com/
Ofertas de traballo en Alemaña: http://www.jobware.de/
Portal de emprego para estudantes en Europa: http://www.studentjob.es/
También puedes conocer experiencias Erasmus+ en erasmusu.com
¡Recorda!
Non son elixibles como organizacións de acollida: as institucións da Unión Europea e outros organismos da UE (a lista completa pódese consultar na páxina web http://europa.eu/institutions/index_es.htm); organizacións que xestionan programas da UE (para evitar posibles conflitos de intereses e/ou unha dobre subvención), consulados e embaixadas de países membros, e representacións gobernamentais.
As prácticas poden realizarse en calquera dos seguintes países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Turquía.
Dúbidas frecuentes
Cantas alumnas ou alumnos poden recibir a bolsa Erasmus+?
Nesta convocatoria concédense 2 mobilidades para estudantes. Estas mobilidades realizaranse entre o 1 de abril e o 30 de xuño.
Cales son os requisitos de acceso ás bolsas Erasmus+?
Se es alumna/o do CEBEM, debes estar matriculada/o durante o curso actual no segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Superior e en condicións de realizar as prácticas laborais do módulo de Formación en Centros de Traballo.
Se es exalumna/o do CEBEM, debes ter rematado no ano actual o Ciclo Formativo de Grao Superior.
Ser nacional dun dos países do programa Erasmus+. O alumnado de terceiros países deberá acreditar a condición de residente en España durante o período de realización da mobilidade.
Ter, polo menos, un nivel B1 de inglés acreditado.
Cal é o importe da bolsa?
A contía da bolsa depende do país onde se realicen as prácticas. Cómpre poñerse en contacto co titor ou titora para máis información.
As persoas estudantes procedentes de contornos desfavorecidos que participen nun período de formación práctica poderán recibir un complemento adicional. Considéranse estudantes de contornos desfavorecidos aquelas que acrediten ter sido beneficiarias dunha bolsa de estudos de carácter xeral do Ministerio de Educación no curso inmediatamente anterior ao da mobilidade.
Cal é a duración da bolsa?
As prácticas Erasmus teñen unha duración de tres meses, cunha carga horaria aproximada de 400 horas.
Como recibo a bolsa?
Recibirás a axuda directamente na conta bancaria que proporciones, en dous prazos:
Antes da túa partida, recibirás o 80 % do total.
Ao rematar a estadía e tras entregar a documentación final, recibirás a liquidación do 20 % restante.
Poderás dispor desta subvención como desexes, sen necesidade de xustificar os teus gastos con facturas. O pagamento da bolsa está suxeito ao establecido no Convenio de Subvención asinado entre o alumnado e a persoa responsable do centro, ao uso correcto da bolsa e á entrega dos documentos requiridos á volta, así como do Certificado de Prácticas ou Estancia.
Facilitarame a empresa de acollida o aloxamento?
O programa non ofrece aloxamento, polo que será necesario que o busques pola túa conta. A empresa tampouco está obrigada a facilitarche aloxamento, aínda que algunhas si poden ofrecer información ao respecto. O equipo docente do Programa Erasmus+ intentará axudarche e orientarte. Ademais, facilitarase o contacto con participantes de anos anteriores para que poidas obter axuda nesta procura.
Como se conseguen as prácticas?
O alumnado pode, pola súa conta, contactar e ser seleccionado por unha empresa, ou ben pode solicitar unha das prácticas ofertadas polas empresas ao instituto.
Que facer antes de marchar?
Asinar o convenio de subvención, onde se especificarán as obrigas, dereitos e condicións baixo as cales as persoas participantes se poderán beneficiar da bolsa Erasmus+. O documento será asinado pola persoa participante e pola persoa coordinadora do centro.
Asinar o convenio de prácticas ou formación, onde se detallará o plan de actividades a realizar pola persoa participante. Estará asinado pola organización de envío (centro educativo) e pola organización de acollida (empresa).
Realizar a proba inicial de avaliación do curso OLS (Online Linguistic Support). O alumno ou alumna recibirá as claves de acceso un par de meses antes da súa partida.
Conseguir a tarxeta sanitaria europea. Con esta tarxeta o estudante poderá recibir atención médica de forma gratuíta en Europa. Podes obter máis información e indicacións de como solicitala e/ou renovala nestas ligazóns.
Contratar un seguro de responsabilidade civil e accidentes.
Enviar o xustificante do billete de avión.
Que facer durante a mobilidade?
Continuar co curso OLS.
Realizar de maneira eficiente e responsable a actividade pola que se concedeu a bolsa.
Manter contacto regular co/a titor/a da organización de orixe.
Que facer despois da mobilidade?
Realizar a proba final de avaliación do curso OLS durante os primeiros 15 días desde o regreso.
Traer asinado e selado o certificado de asistencia.
Traer a ficha de avaliación asinada pola empresa.
Cubrir a enquisa da UE.
Difundir a experiencia e participar nas actividades de promoción do programa Erasmus+ que se leven a cabo no centro educativo.