Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Asistencia á Direc ción son os seguintes:
Identificar datos e parámetros en relación cos sistemas de comunicación e arquivamento, para administrar estes sistemas.
Interpretar as normas lingüísticas, o vocabulario, os modelos e as vías de comunicación, aplicando os apropiados a cada situación profesional, para se comuni car en dúas linguas estranxeiras.
Recoñecer os actos e os tempos que determinan a tarefa da dirección, priorizando e clasificando segundo criterios e procedementos, para organizar a axenda e as comunicacións.
Analizar os obxectivos, os trazos definitorios e as fases dos eventos empresariais, caracterizando os métodos do seu desenvolvemento, para xestionar a súa organización.
Identificar os documentos xurídicoempresariais, describindo as súas características e as súas vías de xestión, para os tramitar ante administracións públicas.
Identificar os puntos críticos e as necesidades de comunicación interna e externa das organizacións, con aplicación de técnicas específicas a cada situación, para desenvolver tarefas de relacións públicas da empresa ou da institución.
Interpretar documentos e datos empresariais, seleccionando medios técnicos, para realizar presentacións.
Analizar os requisitos e as técnicas de xestión das áreas comercial, financeira, contable e fiscal, aplicando a normativa vixente, para realizar tarefas adminis trativas nelas.
Interpretar a normativa, os métodos e as técnicas de selección e formación de recursos humanos, en relación con cada tipo de empresa, para realizar e controlar as tarefas administrativas destas funcións.
j) Analizar os puntos críticos e as fases da atención á clientela ou ás persoas usuarias, identificando as necesidades técnicas e actitudinais de cada unha, para a desenvolver e a planificar.
Identificar os circuítos de comunicación da empresa, relacionando os documentos que en cada instancia ou departamento se producen, para os tramitar.
Caracterizar as exixencias formais e técnicas da comunicación empresarial, póndoas en conexión con diferentes contextos, para elaborar documentos.
Analizar os procesos en que o/a asistente de dirección teña competencia, contrastando a suficiencia de medios, recursos e tempos, para detectar necesida des e anticipar solucións.
Identificar técnicas e procedementos en relación cos tipos de documentos e coas necesidades das empresas, para clasificar, rexistrar e arquivar comunica cións.
Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se rela cionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.
Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presenten nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.
Tomar decisións de xeito fundamentado analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.
Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.
Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, así como á finalidade e ás características dos receptores, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.
Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, así como propor e aplicar medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.
Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade universal e o deseño universais.
Identificar e aplicar parámetros de calidade nas actividades e nos traballos realizados no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade, e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.
Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.
Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, tendo enconta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.