📅 Horario: Mañas
⏳ Duración: 2.000 horas (2 cursos académicos)
🎓 Titulación: Título de Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
🏫 Tipo: Concertado
💻 Familia profesional: informática e comunicaciones.

Ciclo Superior en desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
O Ciclo Formativo de Grao Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM) capacítate para deseñar, desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas para múltiples plataformas: móbiles, web e de escritorio. Ademais, adquirirás competencias en tecnoloxías emerxentes como a intelixencia artificial, xa presente en moitas solucións empresariais. Un perfil moi demandado por empresas do sector tecnolóxico e dixital, con múltiples saídas profesionais e unha grande proxección de futuro.
A matrícula para este curso está actualmente pechada. Podes anotarte na lista de agarda e avisarémoste en canto se abra o próximo período de inscrición.
Anotarme na lista de agardaCaracterísticas do curso
Saídas laborais
En calquera tipo de empresa, independientemente do seu tamaño e do sector de actividade, tanto públicas como persoais, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo no área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos:
desenvolvemento de aplicación de escritorio a medida;
creación de apps móbiles e videojuegos;
aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet;
e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
A colocación en postos de traballo afines dos nosos alumnos dos últimos anos supera o 80%
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións informáticas multiplataforma (móbil, web e de escritorio), utilizando tecnoloxías e contor nos de desenvolvemento específicos, garantindo o acceso aos datos de xeito se guro e cumprindo os criterios de usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
1. As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas multiplataforma en diversos ámbitos:
xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento.
aplicacións desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet.
e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Desenvolver aplicacións informáticas e videojuegos para móbiles, tablets e aplicacións de escritorio de propósito xeral en distintos sistemas operativos; creación de servizos en rede en segundo plano; deseño de bases de datos e desenvolvemento de sistemas ERP para a xestión empresarial e de negocio.
Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.
