Punto Laranxa

Este Punto Laranxa funcionará como un buzón a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOS, AXÚDANOS A PARALO!

Punto Laranxa

Listo para comezar a túa formación?

Únete a milleiros de estudantes que transformaron o seu futuro profesional con nós.