Hoxe contamos no CPR Cebem coa visita de Juan C. Burguillo, doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e experto no ámbito da tecnoloxía, especialmente en intelixencia artificial e seguridade informática.
Durante a súa estancia, ofreceu unha charla maxistral centrada nas aplicacións da intelixencia artificial, na que explicou de maneira clara e próxima como esta tecnoloxía está a transformar distintos sectores, así como os retos e oportunidades que presenta na actualidade.
O alumnado puido coñecer de primeira man exemplos reais e casos prácticos, o que fixo a sesión especialmente interesante e enriquecedora. Sen dúbida, unha experiencia moi valiosa que achega a realidade do mundo tecnolóxico á aula.
Contenido multimedia