Inicio do curso 2026/2027: presentación e comezo das clases

Cebem
Inicio do curso 2026/2027: presentación e comezo das clases

O novo curso 2026/2027 está a piques de comezar!

Desde CPR CEBEM queremos dar a benvida a todo o alumnado que inicia con nós este novo curso, tanto a quen xa forma parte do centro como a quen se incorpora por primeira vez.

📅 Mércores, 9 de setembro – Presentación do curso A presentación terá lugar ás 10:00 h. Será o primeiro encontro co centro, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado, e servirá para coñecer a información necesaria para comezar esta nova etapa.

📚 Xoves, 10 de setembro – Inicio das clases As clases comezarán con normalidade ás 8:10 h, segundo o horario correspondente a cada ciclo.

Comeza un novo curso cheo de oportunidades para aprender, medrar e avanzar cara aos vosos obxectivos profesionais. Desde CEBEM animámosvos a afrontalo con ilusión, curiosidade e ganas de aproveitar cada experiencia.

Moito ánimo e moita sorte neste novo curso! Agardámosvos!

Comparte esta noticia

Listo para comezar a túa formación?

Únete a milleiros de estudantes que transformaron o seu futuro profesional con nós.