A Formación Profesional en Galicia continúa medrando e contará o vindeiro curso con máis de 50.000 prazas de novo ingreso, consolidándose como unha das opcións formativas máis demandadas. A oferta inclúe ciclos de grao básico, medio e superior, ademais de másteres, programas de especialización e novas formacións adaptadas ás necesidades actuais das empresas.
Este aumento permitirá que máis estudantes accedan a unha formación práctica, conectada co tecido produtivo e con excelentes oportunidades de inserción laboral e continuidade nos estudos. Desde a Consellería de Educación recoméndase consultar con tempo a oferta dispoñible e presentar varias opcións no proceso de admisión.