A competencia xeral do título de técnico en Actividades Comerciais consiste en desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/oy servizos, e en xestionar un pequeno establecemento comercial, aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respetando a lexislación vixente.
Ciclo Medio en Actividades Comerciais
A matrícula para este curso está actualmente pechada. Podes anotarte na lista de agarda e avisarémoste en canto se abra o próximo período de inscrición.
Anotarme na lista de agardaSaídas laborais
As ocupacións e os postos de traballo máis relevantes son os seguintes:
Vendedor/a
Vendedor/a técnico/a
Representante comercial
Orientador/a comercial
Promotor/a
Televendedor/a
Vendedor/a a distancia
Axente de información e atención á clientela
Caixeiro/a ou reponseador/a
Operador/a de centros de contacto (contact centers)
Administrador/a de contidos en liña
Comerciante de tenda
Xerente de pequeno comercio
Técnico/a en xestión de existencias e almacén
Xefe/a de almacén
Responsable de recepción de mercadorías
Responsable de expedición de mercadorías
Técnico/a en loxística de almacéns
Técnico/a de información e atención á clientela en empresas
As persoas que obteñan o título de técnico en Actividades Comerciais exercerán a súa actividade en cualquiera sector productivo dentro do área de comercialización o nas seccións dos establecementos comerciasi, realizando actividades de venta de productos e/ou servizos a través de diversos canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio.
Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan un pequeño comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea, que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores:
En establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais.
Na comercialización de productos e servizos por conta propia e allea, fora do establecemento comercial.
No departamento comercial de pequeñas e medianas empresas (pemes) e empresas industriais.
No departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos.
En empresas industriais e comerciais grandes e medianas.
No sector do comercio o por menor.
As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico en Actividades Comerciais son as que se relacionan:
1. Realizar proxectos de viabilidade e de posta en marcha e exercicio por conta propia da actividade dun pequeno negocio de comercio polo miúdo, adquirindo os recursos necesarios e cumprindo as obrigas legais e administrativas, conforme á normativa vixente.
2. Administrar e xestionar un pequeno establecemento comercial, realizando as actividades necesarias con eficacia e rendibilidade e respectando a normativa vixente.
3. Realizar a venda de produtos e/ou servizos a través de diversos canais de comercialización, utilizando as técnicas de venda adecuadas á tipoloxía da clientela e aos criterios establecidos pola empresa.
4. Organizar as operacións de almacenaxe das mercadorías nas condicións que garantan a súa conservación, mediante a optimización dos medios humanos, materiais e do espazo, de acordo cos procedementos establecidos.
5. Garantir o aprovisionamento do pequeno negocio, con previsión das necesidades de compra, para manter o nivel de servizo que require a atención á demanda da clientela ou das persoas consumidoras.
6. Realizar actividades de animación do punto de venda en establecementos dedicados á comercialización de produtos e/ou servizos, aplicando técnicas de merchandising, de acordo cos obxectivos establecidos no plan de comercialización da empresa.
7. Realizar accións de comercio electrónico, mantendo a páxina web da empresa e os sistemas sociais de comunicación a través de internet, para cumprir os obxectivos de comercio electrónico definidos no plan de márketing dixital da empresa.
8. Realizar a xestión comercial e administrativa do establecemento comercial, utilizando o hardware e o software axeitados para automatizar as tarefas e os traballos.
9. Executar as accións de márketing definidas pola organización comercial no plan de márketing, identificando as necesidades de produtos e/ou servizos da clientela, os factores que interveñen na fixación de prezos, os canais de distribución e as técnicas de comunicación, para cumprir os obxectivos fixados pola dirección comercial.
10. Executar os plans de atención á clientela, xestionando un sistema de información para manter o servizo de calidade que garanta o nivel de satisfacción da clientela e das persoas consumidoras e usuarias.
11. Realizar vendas especializadas de produtos e/ou servizos, adaptando o argumentario de vendas ás características particulares de cada caso, para cumprir os obxectivos comerciais definidos pola dirección comercial.
12. Xestionar en inglés as relacións coa clientela e coa poboación usuaria ou consumidora, realizando o seguimento das operacións, para asegurar o nivel de servizo prestado.
13. Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos, actualizando os seus coñecementos, utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida e as tecnoloxías da información e da comunicación.
14. Actuar con responsabilidade e autonomía no ámbito da súa competencia, organizando e desenvolvendo o traballo asignado, cooperando ou traballando en equipo con outros/as profesionais no ámbito laboral.
15. Resolver de maneira responsable os incidentes relativos á súa actividade, identificando as súas causas dentro do ámbito da súa competencia e autonomía.
16. Comunicar con eficacia, respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.
17. Aplicar os protocolos e as medidas preventivas de riscos laborais e de protección ambiental durante o proceso produtivo, para evitar danos nas persoas e no entorno laboral e ambiental.
18. Aplicar procedementos de calidade e de accesibilidade e deseño universal nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.
19. Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa, e ter iniciativa na súa actividade profesional.
20. Exercer os dereitos e cumprir os deberes derivados da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.
Os obxetivos xeráis do ciclo formativo de grado medio de Actividades Comerciais son os siguintes:
1. Reunir as iniciativas emprendedoras e buscar as oportunidades de creación de pequenos negocios comerciais polo miúdo, valorando o impacto sobre o ámbito de actuación e incorporando valores éticos, para realizar proxectos de viabilidade de implantación por conta propia de negocios comerciais polo miúdo.
2. Delimitar as características e a contía dos recursos económicos necesarios, atendendo ás características da tenda e dos produtos ofrecidos, para a posta en marcha dun pequeno negocio polo miúdo.
3. Analizar operacións de compravenda e de cobramento e pagamento, utilizando medios convencionais ou electrónicos, para administrar e xestionar un pequeno establecemento comercial.
4. Comparar e avaliar pedidos da clientela a través de diferentes canais de comercialización, satisfacendo as súas necesidades de produtos e/ou servizos, para realizar a venda destes.
5. Identificar os procesos de seguimento e posvenda, atendendo e resolvendo as reclamacións presentadas pola clientela, para realizar a venda de produtos e/ou servizos.
6. Recoñecer as tarefas de recepción, colocación e expedición de mercadorías no almacén, asignando medios materiais e humanos, controlando os stocks de mercadorías e aplicando a normativa en materia de seguridade e hixiene, para organizar as operacións de almacenaxe das mercadorías.
7. Recoller e procesar datos de previsións de demanda e compras a provedores/as, utilizando tecnoloxías da información e da comunicación, para garantir o aprovisionamento do pequeno negocio.
8. Identificar e elixir os/as mellores provedores/as e/ou subministradores/as, negociando as ofertas e as condicións de subministración, para realizar as compras necesarias que manteñan o nivel de servizo establecido en función da demanda da clientela ou das persoas consumidoras.
9. Crear imaxe de tenda, combinando os elementos exteriores e interiores do establecemento comercial con criterios comerciais, para realizar actividades de animación do punto de venda en establecementos dedicados á comercialización de produtos e/ou servizos.
10. Analizar as políticas de venda e fidelización da clientela, organizando a exposición e a promoción do surtido, para realizar actividades de animación do punto de venda en establecementos dedicados á comercialización de produtos e/ou servizos.
11. Seleccionar datos, introducilos na páxina web da empresa e realizar o seu mantemento, buscando un bo posicionamento, facilidade de uso e máxima capacidade de persuasión, para realizar accións de comercio electrónico.
12. Fomentar as relacións con outras persoas usuarias da rede, utilizando estratexias de márketing dixital nas redes sociais, para realizar accións de comercio electrónico.
13. Recoñecer as características dos programas informáticos utilizados frecuentemente no sector comercial, confeccionando documentos e materiais informáticos, para realizar a xestión comercial e administrativa do establecemento comercial.
14. Identificar o mercado e a contorna da empresa comercial, obtendo e organizando a información dos axentes que interveñen no proceso comercial e aplicando políticas de márketing apropiadas, para executar as accións de márketing definidas pola organización comercial no plan de márketing.
15. Seleccionar accións de información á clientela e asesorala con dilixencia e cortesía, xestionando, se é o caso, as queixas e reclamacións presentadas, para executar os plans de atención á clientela.
16. Determinar as características diferenciadoras de cada subsector comercial, ofrecendo os produtos e/ou servizos mediante técnicas de márketing apropiadas, para realizar vendas especializadas de produtos e/ou servizos.
17. Identificar expresións e regras de comunicación en inglés, tanto de forma oral como escrita, para xestionar en inglés as relacións coa clientela e coas persoas usuarias ou consumidoras.
18. Analizar e utilizar os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida e as tecnoloxías da información e da comunicación para aprender e actualizar os seus coñecementos, recoñecendo as posibilidades de mellora profesional e persoal, para adaptarse ás situacións profesionais e laborais.
19. Desenvolver traballos en equipo e valorar a súa organización, participando con tolerancia e respecto, e tomar decisións colectivas ou individuais, para actuar con responsabilidade e autonomía.
20. Adoptar e valorar solucións creativas ante problemas e continxencias que se presenten no desenvolvemento dos procesos de traballo, para solucionar de maneira responsable os incidentes da súa actividade.
21. Aplicar técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á súa finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia do proceso.
22. Analizar os riscos ambientais e laborais asociados á actividade profesional, e relacionalos coas súas causas, coa fin de fundamentar as medidas preventivas que se vaian adoptar, e aplicar os protocolos correspondentes para evitar danos propios, nas demais persoas, no entorno e no medio ambiente.
23. Analizar e aplicar as técnicas necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universal.
24. Aplicar e analizar as técnicas necesarias para mellorar os procedementos de calidade do traballo no proceso de aprendizaxe e no sector produtivo de referencia.
25. Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.
26. Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.
27. Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para desenvolver os valores do principio de igualdade de trato e non discriminación entre homes e mulleres nin por ningunha outra condición nin circunstancia persoal nin social, así como a prevención da violencia de xénero e o coñecemento da realidade homosexual, transexual, transxénero e intersexual.
O título de técnico/a en Actividades Comerciais permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.
O título de técnico/a en Actividades Comerciais permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.
Requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao medio
Para poder cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, o alumnado debe cumprir algún dos seguintes requisitos:
Posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO).
Posuír o título de técnico/a dun ciclo formativo de grao medio de formación profesional.
Posuír o título de técnico/a auxiliar.
Posuír unha titulación universitaria ou equivalente, para efectos académicos.
Ter superado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP) ou ter un máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
Ter superado o terceiro curso do plan de 1963 das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
Ter superado outros estudos declarados equivalentes, para efectos académicos, con algún dos anteriores.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos.
De non cumprir ningún dos requisitos anteriores, é posible acceder a un ciclo de grao medio superando as probas de acceso que as administracións educativas organizan todos os anos. Para iso, é preciso ter feitos os dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Habilidades comunicativas en lingua extranxeira (GM) (60 h)
Afondamento nas competencias persoáis (GM) (30 h)
Inglés profesional (GM) (60 h) +info
Marketing na actividade comercial (142 h) +info
Xestión de compras (80 h) +info
Dinamización do punto de venda (159 h) +info
Procesos de venda (159) +info
Aplicacións informáticas para o comercio (133 h) +info
Sostibilidade aplicada ao sistema productivo (30 h) +info
Itinerario persoal para a empregabilidade I (107 h) +info
Total: 960 h
Xestión dun pequeno comercio (248 h) +info
Técnicas de almacén (194 h) +info
Venda técnica (165 h) +info
Servizos de atención comercial (138 h) +info
Comercio electrónico (165 h) +info
Dixitalización aplicada aos sectores productivos (GM) (30 h)
Itinerario persoal para a empregabilidade II (50 h)
Proxecto intermodular (50 h)
Total: 1040 h
← Volver